Un clásico da literatura norteamericana do século XX.
Sal é un estudante deprimido e con aspiracións literarias que coñece a Dean no inverno de 1947 e axiña queda cativado pola súa actitude salvaxe e temeraria. Nese itinerario frenético percorren Norteamérica, experimentando todo tipo de aventuras con sexo, drogas, alcohol e jazz. O resultado desa busca hedonista da liberdade, que cambiará para sempre as súas vidas, é un retrato dun estilo de vida bohemio no marco da América profunda, allea ao convencionalismo do establishment. A medio camiño entre autobiografía e monólogo interior, cun ritmo espontáneo e improvisado.
A biblia da xeración beat, unha novela de culto, un clásico da literatura norteamericana do século XX sobre a busca hedonista da liberdade e das experiencias auténticas, en contraposición ás convencións da América profunda.