As personaxes deste libro están medrando. Ou quizais non se decaten de que xa remataron de medrar. Da adolescencia á trintena, as voces que tecen «A parte fácil» aprenden a convivir con sentimentos de culpa que non lles pertencen, coa vergonza, con segredos familiares antigos e recentes… A dificultade para comunicarse co mundo déixaos illados na inquietante xordeira de quen afunde a cabeza relaxadamente nunha bañeira chea de auga e sopesa a idea de non erguerse nunca máis.
Os contos de «A parte fácil» conforman o primeiro libro de narrativa de Ismael Ramos, gañador do premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández no ano 2022 con Lixeiro, mestre e articulista de prensa. Algúns dos seus libros foron traducidos ao portugués, catalán ou castelán.