Mete na bañeira unha tartaruga, dous pingüíns, unha foca, un hipopótamo e unha balea… Pódese!
«A min gústame bañarme. Cando vou entrar no baño, sempre levo comigo o meu patiño Pukka. A Pukka tamén lle gusta bañarse. Cando abro a porta soña… click-cleck-clack. O chan do baño é moi esvaradizo. Hai que andar con coidado».
A autora, que estudou biblioteconomía no Xapón e Nos Estados Unidos, especializouse en libros infantís e dirixe unha biblioteca para nenos e nenas en Tokio que ela mesma creou en 1974. A ilustradora gañou con este libro o Sankei Children Book Art.