Logo de Os ratos da casa e Ratos de viaxe, as novas andanzas destes simpáticos roedores transcorren na escola, onde se divirten, aprenden e fan algunhas falcatruadas.
Enlazando palabras e versos, unha divertida aventura para volver ao colexio e gozar con todo o que podemos facer e aprender nas súas aulas: xogar, ler, pintar, crear música…
Esta nova historia manten o esquema e o ritmo dos títulos precedentes, que facilita o seguemento por parte dos primeiros lectores, e engade elementos de xúbilo, humor e emoción polas experiencias que van compartir os seus protagonistas. A nivel plástico, Natalia Colombo constrúe desta vez unha escenografía colorida e chea de detalles.