Esta edición en galego conta coas ilustracións orixinais e restauradas de Ingrid Vang Nyman.
Nas aforas dunha vila pequena había un eido abandonado. No eido había unha casa vella e na casa vivía Pippi Mediaslongas. Tiña nove anos e vivía completamente soa, sen pai nin nai. Iso era unha vantaxe, pois non había ninguén que a mandase para a cama xusto cando máis estaba a divertirse, e ninguén que a obrigase a tomar aceite de fígado de bacallau cando prefería comer lambetadas…
Diversión, tenrura e humor, optimismo e ledicia son ingredientes deste clásico universal e imprescindible. Un personaxe literario convertido nunha icona que inspirou unha serie de televisión en 1969 e varias películas protagonizadas tanto con actores como de debuxos animados.