Os 70 relatos deste libro son alfaias da literatura breve, exercicios de grande imaxinación adobiadas de sentido do humor e surrealismo. Uns beben de clásicos como a Alicia de Lewis Carroll ou inspíranse nos contos tradicionais; outros presentan personaxes novos ou obxectos inexistentes nomeados con palabras inventadas.
Combinando historias intrigantes, ledas, entrañables ou tristes, “Contos por teléfono” tamén reivindica a liberdade, rexeita a guerra e activa a reflexión por parte dos lectores.
Unha obra maxistral da literatura breve: relatos imaxinativos, comprometidos, humorísticos e surrealistas cun final sorprendente, ilustrados con garbo e mestría.