Ernesto precisa axuda para volver coa súa manda de elefantes.
Ernesto perdeuse na selva eningún dos seus habitantes parece querer axudaloa volver coa súa manda de elefantes. Nin o máis forte, nin o máis fero, nin o máis veloz dos animaisfai omínimo ademán de escoitalo e trátano con desdén. Pero a máis cativa das criaturas sorpréndeo dándolle a comprensión e a colaboración que precisa.
Anthony Browne reflicte nesta historia ocarácter intrépido doprotagonista, a curiosidadepropia da infancia, pero tamén o medo cando descobre que se atopa só e alonxado da figura adulta que o protexe dos perigos. Afalta de empatía daqueles aos que interpela remítenos a unha sociedadeindividualista e insensible -como a actual-aos problemas alleos. Pero as aparencias enganan e, quensemelladébil e insignificante, poderesultar o ser máis valente egeneroso, sen pedir nada a cambio.