Un thriller apixonante sobre a condición humana co que Miguelanxo Prado volve a sorprendernos.
Miguelanxo Prado volve a roprendernos cun apaixonante thriller que agocha nas súas páxinas unha profunda reflexión sobre a relación dos seres humanos coa natureza e sobre o que pasa cando a preservación do entorno entra en conflicto coa cobiza desmedida do poder.
Un estudante de Historia esperta, sen querelo, os Máxicos: anxos e demos sumidos nun letargo voluntario, á espera de que o ser humano se reconcilie coa natureza ou acabe por autodestruírse. Ante a evidencia de que os seres humnaos tomaron o segundo camiño, os demos parecen dispostos a aadiantar ese final. Pero, como facelo? A clave parece atoparse nun misterioso talismán céltico, un trisquel que se transformará no obxecto máis cobizado por Puros, Demos e seres humanos.